jueves, 6 de enero de 2011

Edith Piaf - Non, Je ne regrette rien

Esta é a primeira entrada do Mes da Música

Idea de María Jesús do blog Paradeladecoles


-> Versión Galega

Edith Piaf foi a dama e señora da canción francesa do século XX. Ninguén xamais, nin antes nin despois, foi capaz de chegar tan forte ao corazón dos seus paisanos. Para os franceses é a voz da dor, da melancolía, da tristeza.

Despois dunha nenez triste, abandonada pola súa nai, criada por unha avoa de moral un pouco relaxada, preto dun pai artista que a puxo a traballar moi pronto no circo. Aos dezanove anos púxose a cantar nos parques públicos de Pigalle. Alí foi descuberta por Louis Leplée que a puxo a cantar no seu cabaret.


Despois do asasinato de Leplée o letrista Raymond Asso tomou as rendas da carreira de Edith Piaf. A desgraza nunca abandonou a súa vida, perdeu unha filla cando só tiña dezaoito meses. Coa chegada da guerra
mantívose fiel as súas raíces e aos seus principios traballando para a Resistencia. Rematada a guerra, continuou coa súa carreira coa regrabación dos seus primeiros éxitos e novos temas.

Participou en películas, conquistou América e o mundo e grabou centos de cancións inolvidables, temas como
L´actcordéoniste, Les trois cloches, L´hymne á l´amour, La vie en rose, Non, je ne regrette rien, Milord...

Tamén protagonizou unha comedia musical.



Morreu en 1963 en París.







Non, rien de rien
Non, nada de nada

Non, je ne regrette rien
Non, eu non lamento nada

Ni le bien qu´on m´a fait, ni le mal
Nin o ben que me fixeron, nin o mal

Tout ça m´est bien égal
Todo me dá o mesmo!


Non, rien de rien
Non, nada de nada


Non, je ne regrette rien
Non, eu non lamento nada


C´est payé, balayé, oublié
Iso está pagado, varrido, esquecido


Je me fous du passé
Fago o louco do pasado


Avec me souveniers
coas miñas lembranzas


J´ai allumé le feu
fixen unha fogueira


Mes chagrins, mes plaisirs
As miñas tristuras, os meus praceres


Je n´ai plus besoin d´eux
Xa non me son necesarios


Balayés mes amours
Varridos os amores


Avec leurs trémolos
e todos os tremores


Balayés pour toujours
Varridos para sempre


Je repars à zèro
comezo de cero


Non, rien de rien
Non, nada de nada


Non je ne regrette rien
Non, eu non lamento nada


Ni le bien qu´on m´a fait, ni le mal
Nin o ben que me fixeron, nin o mal


Tout ça m`est bien égal
Todo me dá o mesmo


Non, rien de rien
Non, nada de nada


Non, je ne regrette rien
Non, eu non lamento nada


Car ma vie
Porque a miña vida


Car mes joies
Porque as miñas alegrias


Aujourd`hui
Hoxe


Ça commence avec toi...
Todo iso comeza contigo...


-> Versión en castellano

Edith
Piaf fue la dama y señora de la canción francesa del siglo XX. Nadie jamás, ni antes ni después, fue capaz de llegar tan fuerte al corazón de sus paisanos. Para los franceses es la voz del dolor, de la melancolía, de la tristeza.

Después de una niñez triste, abandonada por su madre, criada por una abuela de moral un poco relajada, cerca de un padre artista que la puso a trabajar muy pronto en el circo. A los diecinueve años se puso a cantar en los parques públicos de
Pigalle. Allí fue descubierta por Louis Leplée que la llevó a cantar en su cabaret.

Después del asesinato de
Leplée el letrista Raymond Asso tomó las riendas de la carrera de EdithPiaf.

La desgracia nunca abandonó su vida, perdió una hija cuando sólo tenía dieciocho meses. Con la llegada de la guerra se mantuvo fiel a sus raíces y a sus principios trabajando para la Resistencia. Terminada la guerra, continuó con su carrera con la
regrabación de sus primeros éxitos y nuevos temas.

Participó en películas, conquistó América y el mundo y
grabó cientos de canciones inolvidables, temas como L´actcordéoniste, Lees trois cloches, L´hymne a la l´amour, Lana vie en rose, No, jene regrette rien, Milord...

También protagonizó una comedia musical.


Murió en 1963 en París.





No, nada de nada

No, yo no lamento nada

Ni el bien que se me han hecho, ni el mal

Todo esto me da igual

No, nada de nada

No, yo no lamento nada

Está pagado, barrido, olvidado

Me hago el loco del pasado

Con mis recuerdos

Hice una fogata

Mis tristezas, mis placeres

Ya no los necesito

Barridos mis amores

y todos los temores

Barridos para siempre

Comienzo de cero

No, nada de nada

No yo no lamento nada

Ni el bien que me han hecho, ni el mal

Todo esto me da igual!

No, nada de nada

No, yo no lamento nada

Porque mi vida

Porque mis alegrías

Hoy

Todo esto comienza contigo...

domingo, 2 de enero de 2011

Do montón


Dorian


Son a que son,

casualidade inconcibíbel


como todas as casualidades.



Outros devanceiros


puideron ter sido os meus


e eu abandonaría


outro niño,


ou me arrastraría cuberta de escamas


de debaixo dalgunha árbore.


No vestiario da natureza


hai moitos traxes.


Traxe de araña, de gaivota, de rato de monte.


Cada un, como feito a medida,


lévase docilmente


ata que se fai tiras.


Eu tampouco elixín,


pero non me queixo.


Puiden ser alguén


moito menos persoal.


Parte dun cardume, dun formigueiro, dun enxame,


partícula da paisaxe sacudida polo vento.



Alguén moito menos feliz


criado para un abrigo de peles


ou para unha mesa do Nadal,


algo que se move baixo un cristal de microscopio.



Árbore cravada na terra,


á que se aproxima un incendio.



Herba arroiada


polo correr de incomprensibles sucesos.



Un tipo de mala estrela


que para algúns brilla.



E se espertase medo na xente,


ou só noxo,


ou só compaixón?



E se nacese non na tribo debida


e se pechasen ante min os camiños?



O destino até agora,


foi benévolo comigo.



Púidome non ser dado


lembrar bos momentos.


Púidoseme privar


da tendencia a comparar.


Puiden ser eu mesma, pero sen que me sorprendese,


o que significaría


ser alguén totalmente diferente.

WISLAWA SZYMBORSKA


-> Versión en Castelán


Del montón

Soy la que soy,

casualidad inconcebible
como todas las casualidades.

Otros antepasados
podrían haber sido los míos
y yo habría abandonado
otro nido,
o me habría arrastrado cubierta de escamas
de debajo de algún árbol.

En el vestuario de la naturaleza
hay muchos trajes.

Traje de araña, de gaviota, de ratón de monte.

Cada uno, como hecho a medida,
se lleva dócilmente
hasta que se hace tiras.

Yo tampoco he elegido,
pero no me quejo.

Pude haber sido alguien
mucho menos personal.

Parte de un banco de peces, de un hormiguero, de un enjambre,
partícula del paisaje sacudido por el viento.

Alguien mucho menos feliz
criado para un abrigo de pieles
o para una mesa navideña,
algo que se mueve bajo un cristal de microscopio.

Árbol clavado en la tierra,
al que se aproxima un incendio.

Hierba arrollada
por el correr de incomprensibles sucesos.

Un tipo de mala estrella
que para algunos brilla.

¿Y si despertara miedo en la gente,
o solo asco,
o sólo compasión?

¿Y si hubiera nacido no en la tribu debida
y se cerraran ante mí los caminos?

El destino hasta ahora ,
ha sido benévolo conmigo.

Pudo no haberme sido dado
recordar buenos momentos.

Se me pudo haber privado
de la tendencia a comparar.
Pude haber sido yo misma, pero sin que me sorprendiera,
lo que habría significado
ser alguien totalmente diferente.
WISLAWA SZYMBORSKA

jueves, 23 de diciembre de 2010

Un pequeno agasallo. FELIZ NADAL


Esta foto fíxena o día do solsticio de inverno, os días anteriores con temperaturas baixo cero.
Ela, aí de pé, conseguiu vencer todos os obstáculos, ninguén puido privala de ser unha fermosa rosa



Rosa que floreciches


ao sol do inverno xélido,


Tan xélido, tan húmido!

de mañás de néboas tristes.

tapando a calor do sol.

Gloriosa floración,

que xurdiu loitando,

cando xa agoniza o ano,


e comeza a nova estación.

Aos meus amigos, ofrézote
como agasallo

e como exemplo de superación
.








->Versión en Castellano



Esta foto la hice el día del solsticio de invierno, los días anteriores con temperaturas bajo cero.
Ella, ahí de pie, consiguió vencer todos los obstáculos, nadie le pudo privar de ser una hermosa rosa.


Rosa que floreciste

al sol de invierno gélido

¡Tan gélido, tan húmedo!

De mañanas de nieblas tristes

tapando el calor del sol.

Gloriosa floración

que surgió luchando,

cuando ya agoniza el año

y comienza la nueva estación.

A mis amigos te ofrezco, como regalo

y como ejemplo de superación.

lunes, 20 de diciembre de 2010

Ao Solpor



Este poema é de
JOSÉ ÁNGEL BUESA


Poema para o crepúsculo




Hora de soidade e de melancolía

en que case é de noite e case non é de día.



Hora para que volva todo o que se foi.


Hora para estar triste, sen preguntar por que.



Todo empeza a morrer cando nace o esquecemento.


E é tan doce buscar o que non se perdeu...



E é tan aceda esta angustia terriblemente certa


dun grande amor durmido que de súpeto esperta!





Versión en Castelán (la original)



Este poema es de JOSÉ ÁNGEL BUESA

Poema para el crepúsculo



Hora de soledad y de melancolía

en que casi es de noche y casi no es de día.



Hora para que vuelva todo lo que se fue.


Hora para estar triste, sin preguntar por qué.



Todo empieza a morir cuando nace el olvido.


Y es tan dulce buscar lo que no se ha perdido...



Y es tan agria esta angustia terriblemente cierta


de un gran amor dormido que de pronto despierta!

miércoles, 8 de diciembre de 2010

O carballo torto





-> Versión en Galego

Unha belota pequena xermolou baixo a terra, e ao chegar a primavera un carballo saíu dela, foi medrando paseniño, non tiña ningunha présa, ao carón do camiño, achegadiño, loitando polo espazo cunha longa pedra, na que sentaba a xente que ía camiño da feira.

Unha noite de agosto, noite de lúa chea, catro homes saíron polo camiño da aldea, eran uns fascistas que ían "pasear" a un que a semana pasada era o seu amigo. O home ía por diante, arrastrando os pés, as mans as costas, inclinada a cabeza, os outros ían armados e mandárono subirse á pedra, dúas balas no corpo do home, a outra pasou rozando unha orella, e non parou ata cravarse na madeira.

Caeu o corpo morto ao fondo daquela cuneta, tapárono con terra e volveron para a aldea. As raíces do carballo estarrecéronse de pena, parecía que os humanos perderan a cabeza, aqueles catro mozos, cando aínda eran nenos, xogaran baixo as súas pólas ou rubiran por elas buscando os niños.

Ao solpor, todos os días, unha muller, que daquela era case unha nena, ía sentar na pedra, bagoas amargas esvaraban polas súas meixelas, sempre levaba nas mans un ramallo de flores frescas, dáballes un bico e
deixábaas caer ata fondo da cuneta.

Os anos non pasaron en balde, a muller, que case era nena, xa é unha vella, paseniño, cun caxato, anda arrastrando as pernas, senta ao carón do carballo e espera..., leva décadas esperando que se faga xustiza na terra.


Agora, cos novos tempos, o camiño será estrada e estorban o carballo e a pedra, o tronco do carballo torto acabará na cheminea, primeiro será unha serra e despois un machado e unha maza romperán a dura madeira.


Os segredos do carballo morrerán na lareira!!!
e cando morra a vella, quen se lembrará do home da cuneta?

http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=73091
Justificar a ambos lados



-> Versión en castelán




Una bellota pequeña brotó bajo tierra, y al llegar la primavera un roble salió de ella, fue creciendo despacito, no tenía prisa alguna, a un lado del camino, acurrucado, luchando por el espacio con una larga piedra, en la que se sentaba la gente que iba a la feria.


Una noche de agosto, noche de luna llena, cuatro hombres salieron por el camino de la aldea, eran unos fascistas que iban a "pasear" a uno que la semana anterior era su amigo . El hombre iba por delante, arrastrando los pies, las manos en la espalda, inclinada la cabeza, los otros armados, lo mandaron subirse a la piedra, dos balas en el cuerpo del hombre la otra pasó rozando una oreja y no paró hasta clavarse en la madera.


Cayó el cuerpo muerto al fondo de aquella cuneta, lo taparon con tierra y regresaron a la aldea.
Las raíces del árbol se estremecieron de pena, parecía que los humanos habían perdido la cabeza, aquellos cuatro jóvenes, cuando todavía eran niños habían jugado bajo sus ramas o habían subido por ellas buscando nidos.

A la puesta de sol, todos los días, una mujer, que en aquellos tiempos era casi una niña, se sentaba en la piedra, lágrimas amargas resbalaban por sus mejillas, siempre traía en sus manos un ramillete de flores frescas, les daba un beso y las dejaba caer hasta el fondo de la cuneta.


Los años no pasaron en vano, la mujer, que casi era una niña, ahora es una vieja, despacio, con un bastón, anda arrastrando las piernas, se sienta al lado del roble y espera..., lleva décadas esperando que se haga justicia en la tierra.


Ahora con los tiempos modernos, el camino será carretera y estorban el roble y la piedra, el tronco del roble torcido acabará en la chimenea, primero será la sierra y después un hacha y una maza romperán la dura madera.


¡¡¡Los secretos del roble morirán en la hoguera!!! y cuando muera la vieja ¿quién recordará al hombre de la cuneta?

http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=73091

jueves, 2 de diciembre de 2010

Sopran malos ventos



Non atino a ver de onde sopra o vento;


roda a onda unhas veces deste lado



e outras daquel; nós polo medio



somos levados na negra nave,



soportando o mal tempo; a auga enche



a sentina cubrindo o pé do mastro,



deixa o velame xa ver a través



con grandes rachóns ao longo,



afrouxouse a entena, e o temón



os dous pés quédanseme ensarillados



entre as enxarcias, e iso é soamente



o que me salva: o cargamento todo



pola borda saltou ...



Alceo de Mitilene
foi un poeta grego da Antigüedade, natural de Mitilene, cidade da illa de Lesbos ( 630 a. C. - 580 a. C.). Foi contemporáneo e presunto amor da poetisa Safo,


-> Versión en Castelán


No acierto a ver de dónde sopla el viento;

rueda la ola unas veces de este lado

y otras de aquél; nosotros por en medio

somos llevados en la negra nave,

soportando el mal tiempo; el agua llena

la sentina cubriendo el pie del mástil,

deja el velamen ya ver a través

con grandes desgarrones a lo largo,

se ha aflojado la entena, y el timón

los dos pies se me quedan enredados

entre las jarcias, y eso es solamente

lo que me salva: el cargamento todo

por la borda saltó ...

Alceo de Mitilene fue un poeta griego de la Antigüedad, natural de Mitilene, ciudad de la isla de Lesbos (630 a. C. - 580 a. C.). Fue contemporáneo y presunto amor de la poetisa Safo.

Traducción de Juan Ferraté





jueves, 25 de noviembre de 2010

Coloca estes consellos detrás de todas as portas da túa casa


Zar non pode entender que nos pasa aos humanos


->Só ten máis forza física, ti es tanto coma el, tes a mesma ou máis intelixencia e es máis lista porque ti es unha muller.


->Se hai un abuso só, DÉIXAO, non permitas que haxa máis, só é un covarde con complexo de inferioridade, non está arrepentido, volverá a facelo, e volverá a pedir perdón, NON PERDOES A PRIMEIRA, É A ÚNICA FORMA DE QUE NON SE REPITA .

->Non permitas que cambie a túa forma de pensar. Empeza dicindo o que lle gusta que poñas, como tes que levar o pelo, se tes que ir coa cara lavada ou non, controlándoche os cartos, aínda que sexas ti quen os gana, controlándoche os amig@s. Nunca permitas que te cambie, esa é a primeira batalla, na túa man está que remate aí a guerra.


->Non te quere máis porque controle a túa vida, só se quere el e ti non es máis có xoguete que ten na casa e se non te libras del, acabarás esnaquizada ou nun recuncho no trasteiro.




Versión en castelán


-> Sólo tiene más fuerza física, tú eres tanto como él, tienes la misma o más inteligencia y eres más lista porque tú eres una mujer.

->Si hay un abuso solo, DÉJALO, no permitas que haya más, sólo es un cobarde con complejo de inferioridad, no está arrepentido, volverá a hacerlo, y VOLVERÁ a pedir perdón, NO PERDONES La PRIMERA, ES La ÚNICA FORMA DE QUE NO SE REPITA .

->No permitas que cambie tu forma de pensar. Comienza diciendo lo que le gusta que pongas, como tienes que llevar el pelo, si tienes que ir con la cara lavada o no, controlándote el dinero, aunque seas tu quien lo gana, controlándote los amig@s. Nunca permitas que te cambie, esa es la primera batalla, en tu mano está que termine ahí la gran guerra.


->No te quiere más porque controle tu vida, sólo se quiere él y tú no eres más que el juguete que tiene en casa y si no te libras de él, terminarás destrozada o en un rincón en el trastero.